A Pobra celebrará este sábado unha Festa de Aninovo

POBRA> As concellerías de Cultura e de Mocidade aliáronse para ofrecer unha alternativa de ocio á veciñanza nesta Noitevella.

Ás doce e media da noite do 31 dará comezo a gran festa de Aninovo nunha carpa instalada na praza Alcalde Segundo Durán con cotillón, animación musical e unha barra a cargo de hostaleiros da vila.

A entrada será de balde polo que os interesados en asistir só teñen que achegarse ata a festa con ganas de recibir o 2023 cunha festa rachada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí