O PP leva ó Senado varias iniciativas en apoio ó sector pesqueiro

RIBEIRA> Os senadores Manuel Ruíz e Íñigo Fernández compareceron en rolda de prensa en Ribeira para explicar algunhas das propostas que levaron á sesión, a primeira que se centra en exclusiva en materia pesqueira en toda a historia da Cámara Alta.

Non só o reparto de cotas preocupa ós senadores do PP que considera fundamental impulsar unha serie de iniciativas en relación co sector pesqueiro. Entre elas, a necesidade de flexibilizar o regulamento de control para non prexudicar a flota artesanal .

Por outra banda, consideran prioritario para axudar ós produtores que se aplica a rebaixa do IVE a tódolos produtos pesqueiros e se promovan campañas para fomentar o consumo de peixe.

As axudas para a cadea mar-industria e a loita contra a competencia desleal que supón a entrada do produto foráneo centra tamén a estratexia dos populares en materia de pesca.

Por último, os senadores anunciaron que nos próximos días levarán tamén á Cámara Alta unha iniciativa solicitando a adopción de mecanismos que permitan votar ós mariñeiros embarcados durante as citas electorais.