Vera García Outeiral será a encargada este ano do ‘mangueirazo de honra’ no Día das Peñas

BOIRO> Co paso dos anos, as actividades organizadas pola asociación cultural Peñas Boiro están a cobrar un maior protagonismo, e na actualidade xa ocupan un lugar destacado na programación das festas do verán.

A primeira das citas será o venres 5 de xullo. Primeiro día das festas, coa cuarta edición do Remember Fest no parque da Cachada.

As actividades terán continuidade o luns 8 co tradicional Día das Peñas, a partir das once e media da mañá, tamén no parque de A Cachada.

Ese día cun protagonismo especial para Vera García Outeiral, encargada este ano do ‘mangueirazo de honra’

Dende o Concello, que colabora coa asociación na organización das actividades, destacaron o traballo e esforzo de Peñas Boiro.

Dende a asociación de peñas insisten na importancia de que todos cumpran as normas.

Está prohibido o consumo de alcol para menores de 18 anos  e entrar ó recinto con vidro.

Tamén apelan a manter limpo o espazo e non deixar nada tirado no chan.