RIBEIRA> O polbo galego volveu ás lonxas tras un período de veda de dous meses.
Aínda é cedo para vaticinar como se desenvolverá a campaña pero estas primeiras xornadas deixaron abundante capturas de moi boa calidade.
Nestes primeiros días acompañou tamén a cotización roldando os 13 euros o máis caro na lonxa de Ribeira e cunha media superior ós 10 euros.
O tope situase neste arranque de campaña nos 35 quilos por embarcación e tripulante.
A partir de setembro subirá ata os 55 en función de como evolucione a campaña; unha campaña que parte con moi boas expectativas.









