Porto do Son recupera a celebración do entroido con actividades ó aire libre

PORTO DO SON> O concello de Porto do Son recupera o seu tradicional entroido con actividades para tódolos públicos. O sábado 26 terá lugar o concurso de disfraces dos cativos mentres que o luns, festivo local, tocaralle á quenda ós adultos. Os festexos rematarán o día 2 de marzo co enterro do Felipiño.

Porto do son apostou este ano por recuperar a súa tradicional programación de entroido aínda que tódalas actividades se desenvolveran ó aire libre. A primeira das citas será o sábado día 26 co concurso infantil de disfraces na explanada portuaria a partir das cinco. Haberá premios para os tres primeiros clasificados Bas categorías de individual, Parella e grupos así como para o rei e a raíña do baile.

O luns será o concurso de adultos que repartirá Preto de 3000 euros en premios. Para participar en calquera será preciso inscribirse previamente na web municipal ou no rexistro do concello.

Como novidade este año destaca a colaboración da asociación de empresarios que organiza unha degustación de produtos típicos de entroido o domingo en Portosín.

Os festexos rematarán o mércores día 2 co enterro do Felipiño que sairá así sete e media casa cultura.