O PSOE reclama á Xunta que tome medidas para impedir a exposición de risco ao radón nos colexios

PONTEVEDRA> O Partido Socialista de Pontevedra reclama a toma de medidas para impedir a exposición de risco ao gas radón en colexios e institutos de Pontevedra. A formación levará a pleno unha proposición na que instan á Consellería a poñer en marcha accións contempladas no Plan Nacional contra o Radón. Non en van, Pontevedra é a segunda cidade galega máis exposta a este gas que, segundo a Organización Mundial da Saúde, é responsable do 7% dos cancros de pulmón.