PONTEVEDRA> O Plan Social de ENCE beneficiará na súa quinta edición preto de 300 proxectos de Pontevedra e da súa contorna. Como en anos anteriores, nesta convocatoria do 2024 a empresa repartirá entre estas iniciativas un total de 3 millóns de euros. Son proxectos relacionados coa promoción do deporte base e de elite, coa educación e a cultura, coa inclusión social, coa recuperación e coidado da contorna e co emprendemento e a innovación.
286 proxectos de entidades de Pontevedra e da súa contorna son os beneficiados na convocatoria de 2024 do Plan Social de ENCE. Entre eles repartiranse 3 millóns de euros.
Nesta convocatoria, a quinta do plan, presentáronse 495 proxectos. Foi unha consultora especializada a encargada de analizar cada unha das solicitudes para escoller finalmente ás beneficiadas. As iniciativas recibirán unha contía máxima de 60.000 euros. ENCE comezou
A área de actuación con maior número de candidaturas foi a de promoción do deporte de base e elite, con 116. Séguenlle educación e cultura, con 57 proxectos, inclusión social con 48, recuperación e coidado do entorno con 45 e emprendemento e innovación, con 21 iniciativas seleccionadas.
Segundo explican dende ENCE, hoxe mesmo comezaron a enviar as comunicacións relativas ao Plan Social aos proxectos seleccionados.
Entre as entidades beneficiarias está a TV da Mancomunidade do Salnés S.L. Cunha achega do seu V Plan Social, ENCE apoia as súas actividades e, de xeito máis concreto, a realización do proxecto Ponte-Verde. No seu marco, realizaranse diferentes reportaxes sobre as actividades e o labor que desempeñan outras das entidades beneficiadas por este Plan Social, de xeito que se poidan dar a coñecer ao público xeral.












