NOIA> Durante dous días, venres 16 e sábado 17, Noia resoará a jazz, da man dunha nova edición do JazzNoia, unha actividade fixa xa na programación cultural do verán da vila.
No cartel deste ano, artistas da talla de Josemi Carmona, Alfonso Medela ou Gileno Santana, todos eles do máximo nivel internacional.
Como vén sendo habitual nas últimas edicións, o sábado a partir da unha do mediodía, no Coliseo Noela, desenvolverase unha ‘masterclass’ de improvisación e rudimentos.
Os concertos serán en aberto, os dous días ás nove e media da noite na praza da Constitución.
Dende a organización quixeron agradecer tamén a colaboración do artista local Veiras Manteiga, que un ano máis foi o encargado de deseñar o cartel do festival.