RIBEIRA> Esta mañá presentábase a décima edición da Festa do Polbo de Palmeira.
A cita gastronómica que terá lugar a fin de semana do 24 e 25 de agosto e desenvolverase como é costume na explanada portuaria onde se instalará unha gran carpa na que se servirán as racións do cefalópodo a prezos populares.
Durante os dous días prevense repartir uns 400 quilos de polbo, unha cifra un pouco superior á da última edición.
Dende o Concello volveron a destacar este tipo de eventos, que buscan a promoción dun produto local coma o polbo e que é moi apreciado.
Durante os dous días da exaltación programáronse tamén diversas actividades con actuacións musicais de varios grupos locais ó longo das dúas xornadas.










