POBRA> A asociación de persoas con diversidade funcional AMBAR leva dous anos desenvolvendo un programa formativo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia. Juan Ramón é un dos sete usuarios que participa no proxecto, realizando prácticas de xardinería no concello da Pobra. Tras recibir formación teórica no curso de competencias básicas para o emprego, Juan Ramón realiza as súas prácticas como auxiliar de xardinería no concello da Pobra. Ó longo de todo o mes de maio, e baixo a supervisión de Mari, colaborará nas tarefas de mantemento e coidado dos xardíns municipais como un traballador máis. Polo momento a experiencia non pode ser máis positiva por ambas partes. Xunta a Juan Ramón, outros seis compañeiros de AMBAR participan neste programa realizando prácticas non só en institucións públicas senón tamén en empresas colaboradoras. O obxectivo deste programa é fomentar a integración plena dos seus usuarios no eido social e laboral; algo no que xa ten coneguido Juan Ramón que ata finais de mes seguirá cultivando unha das súas grandes paixóns nos xardíns da Pobra.
Inicio BARBANZA