RIANXO> Rianxo convértese esta fin de semana en sede da música galega. Máis de 20 bandas pasarán polos dous escenarios do festival Rock in Rian. Entre elas0 Kaotiko, Mondra, Dios ke te Crew ou Monolius Dop.
O Festival Rock in Rian celebra este ano a súa 16 edición cunha das súas propostas máis especiais. 21 bandas repartidas en dous escenarios conxugarán novas tendencias con apostas máis tradicionais e especial protagonismo da música galega.
O festival inclúe este ano o proxecto Semente Sonora no que os rapaces dos centros de ensino do municipios colaboraron con músicos de renome na creación de pezas e videos musicais.
Ademais do apoio dos patrocinadores privados, dende a organización agradeceron a colaboración das administracións públicas, coa Deputación da Coruña á cabeza. A deputada provincial de Cultura, Natividad González, asistiu ó acto de apertura do festival. Alí, destacou a gran labor da organización deste festival que non deixa de medrar.
Durante toda a fin de semana, pasarán polo Rock in Rianx grupos como Lamatumbá, Auxili, Kaotiko Mondra, Dios ke te Krew, Vacalouras ou Monolius Dop.











