BOIRO> A directora xeral de Promoción da Igualdade visitou as instalacións de AMICOS en Boiro. Alí, María Quintana tivo ocasión de coñecer os programas nos que traballa a entidade para promover a igualdade das mulleres no eido da discapacidade.
Hai anos que a Consellería de Política Social mantén abertas varias liñas de colaboración con AMICOS para promover a inserción sociolaboral de mulleres con diversidade funcional e seguir impulsando a igualdade no ámbito da discapacidade.
A directora xeral de Promoción da Igualdade visitou hoxe as instalacións da entidade en Boiro para coñecer máis de preto o traballo que desenvolven día a día.
María Quintana comprometeu o apoio do departamento autonómico para seguir traballando da man de AMICOS en prol da igualdade e mesmo abrir novas vías de colaboración para afondar en cuestións tan importantes como a prevención da violencia de xénero.