A Audiencia Provincial solicita a revisión dos informes da autopsia de Diana Quer

RIBEIRA> A Audiencia Provincial da Coruña vén de encargar un novo informe sobre a autopsia de Diana Quer. A diferenza de criterios entre os forenses que realizaron o exame motivou a solicitude da revisión dos informes, a petición da acusación particular. Á espera do xuízo contra José Enrique Abuín ‘O Chicle’ pola morte de Diana, a investigación das circunstancias que rodearon o crime segue o seu curso. Agora, a Audiencia Provincial da Coruña vén de encargar unha revisión dos informes e toda a documentación relativa á autopsia, Se ben os forenses coincidiron en que a morte se produciu por estrangulamento, as probas biolóxicas non conseguiron probar a existencia de agresión sexual. De aí, que tanto a acusación particular como a Fiscalía solicitaran un análise máis exhaustivo. Tamén se pretende determinar a orixe dunha feride traumática no lombo do cadáver, que posiblemente se produciu antes de que fora somerxido no pozo da nave de Asados, onde foi atopado o 31 de decembro de 2017. O encargado de coordinar o estudo será o xefe de Patoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal, José Blanco Pampín, que xa iniciou a revisión dos informes co fin de dilucidar tódolos detalles da morte para que o xurado popular conte con tódolos datos de cara á celebración do xuízo.