AMBAR sae á rúa para reclamar accesibilidade no transporte público

RIBEIRA> A asociación AMBAR demanda maior accesibilidade no transporte pública. Os usuarios da entidade sumáronse á campaña promovida por COCEMFE cun acto simbólico na estación de autobuses de Ribeira.

Usuarios e traballadores de AMBAR concentráronse esta mañá ó carón da estación de autobuses de Ribeira para repartir abonos de teletransporte. Así, tirando de ironía, quixeron dar visibilidade ó problemas que afrontan as persoas con diversidade funcional ante a nula accesibilidade nos servizos de transporte público.

O concello de Ribeira sumouse a esta reivindicación apoiando a protesta coa presenza da concelleira de diversidade que apelou a toda a cidadanía a secundar esta reivindicación.

Así, ata o teletransporte sexa unha realidade instan ás administracións a cumprir as leis de accesibilidade en materia de transporte público garantindo o seu uso por parte de tódolos cidadáns sen discriminación.