A repunta nos contaxios obriga ó SERGAS a realizar un cribado poboacional a máis cinco mil ribeirenses

RIBEIRA> O cribado afecta á franxa de idade comprendida entre os 40 e os 50 anos. Os test prolongaranse ata o próximo domingo.

Dende primeiras horas da mañá as instalacións da nova lonxa foron un ir e vir de xente, que respondía así á chamada realizada dende o SERGAS para a realización dun cribado poboacional. A toma de mostras realizouse dun xeito ordenado e sen incidentes, xa que cada paciente acudía á proba despois de recibir unha cita sms no seu teléfono móbil coa hora fixada. Están chamadas unhas 5.600 persoas na franxa de idade comprendida entre os 40 e os 50 anos. A razón fundamental de facelo así, o incremento de casos rexistrados na última semana neste grupo de idade, e as dificultades de poder seguir o seu vínculo epidemeolóxico.

O test realízase tomando mostras nasofarinxeas, que serán analizadas a través da técnica de ‘pooling’.

A maioría da xente que se achegou esta mañá a realizar a proba ve con bos ollos a súa realización, ó entender que é a mellor fórmula para detectar os casos positivos e frear novos contaxios.

O cribado prolongarase ata o vindeiro domingo. A intención do SERGAS é frear o número de contaxios no municipio, que a día de hoxe se achegan xa a preto dos cincuenta casos activos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí