Outes presenta a II Gala do Deporte

OUTES> Acompañados de representantes de moitos dos clubs da localidade e os técnicos municipais, o alcalde, Manuel González, e o edil de Deportes, Toño Caamaño, presentaban esta mañá no Concello a segunda edición da Gala do Deporte.

Unha cita destacada, que se desenvolverá o 20 de decembro na casa de cultura, coa que o goberno outense quere recoñecer ós deportistas, clubs e entidades que apoian ó deporte na localidade.

O prazo para a presentación das candidaturas xa está aberto, podéndose realizar ata o vindeiro 22 de novembro. Como acontecerá na primeira edición haberá un total de sete categorías.

As bases destes premios xa poden consultarse na web do Concello.

Na presentación o equipo de goberno local destacou o traballo que se vén realizando no Concello en prol do deporte como é o caso das achegas que se dan anualmente ós clubs deportivos ou por primeira vez a convocatoria de axudas aqueles deportistas locais de máximo nivel.