NOIA> Satisfacción a medias entre os mariscadores noieses que volveron á actividade tras máis dunha semana parados por mor da toxina.
Contentos por poder volver a traballar…pero disgustados polas capturas, xa que se constata, o que xa se sabía, que nas concesións hai pouco marisco.
Os profesionais agardan que os prezos se manteñan ó longo das próximas xornadas en valores similares ós que acadaban antes do peche, ou incluso que vaian a máis, debido á alta demanda de produto.











