As vendas nas prazas de abastos sofren pola incerteza sobre o Nadal pola covid19

PONTEVEDRA> O Nadal non acaba de chegar ás prazas de abastos.  Aínda que moitos xa están a facer as súas compras para encher as mesas dos mellores produtos frescos, outros prefiren agardar ata última hora. Á espera, tamén, de saber se finalmente a sexta vaga da covid19 implicará restricións nas reunións. Onde non hai dúbida é á hora de sinalar ao rei absoluto destas festas: o marisco.

Faltan 48 horas para que coa Noiteboa comece oficialmente a tempada de festas, pero o espírito do Nadal resístese nas prazas de abastos.

Os prezos, sempre máis elevados por esta época, pero sobre todo a incerteza xerada pola sexta vaga da covid19 están detrás desta lentitude das vendas.

Porque onde non hai problema é na calidade do produto. As praceiras recordan: nos seus postos sempre está o mellor das nosas rías.

E para todos os gustos e mesas.

Así que xa saben, se non fixeron as súas compras para as primeiras mesas destas festas, aínda están a tempo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí