BOIRO> O Programa Integrado de Emprego que desenvolven conxuntamente os concellos de Boiro, A Pobra e Rianxo pechou o ano con preto dun 70 por cento de inserción laboral.
68 mulleres, das 100 que participaron no Programa Imtegrado de Emprego 2023-2024, conseguiron acceder a un posto de traballo. Estas cifras avalan o éxito desta iniciativa promovida conxuntamente polos concellos de Boiro, A Pobra e Rianxo coa colaboración das administración autonómica e estatal.
O PIE leva en marcha dende o ano 2019. O éxito de tódalas edicións, con porcentaxes de inserción por riba do 60 por cento, avala a súa continuidade. De feito, xa está en marcha o proceso de selección d alumando para a sexta edición do plan que desta volta será mixto e non exclusivo para mulleres.











