Pontevedra volcouse cos Premios Feroz cun cheo no Pazo da Cultura para seguir en directo a gala

PONTEVEDRA> Ademais dos convidados á gala, 1.100 persoas puideron seguir o evento en directo dende o propio Pazo da Cultura. Tanto o auditorio como o salón de actos foron habilitados con pantallas xigantes para que non se perderan nada. Antes de entrar, os pontevedreses amosaban o seu orgullo por converterse na sede dos Premios Feroz.