PONTEVEDRA> O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá os días 22 e 23 de febreiro a 60 Exposición Internacional da Camelia. Un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que amosará ao mundo a riqueza e enormes posibilidades da que está considerada a flor das Rías Baixas. O programa deste ano inclúe premios para os produtores, obradoiros para a rapazada e degustación de té. Todo nun evento que o organismo provincial quere converter nunha “festa” arredor da camelia.
Así definía esta mañá o presidente da Deputación de Pontevedra a filosofía da 60 Exposición Exposición Internacional da Camelia. Un evento que organiza o organismo provincial, que vai ter lugar os días 22 e 23 deste mes de febreiro no Recinto Feiral de Pontevedra.
E coa vista posta nese 75 aniversario, a Deputación desvelou hoxe a programación deste 2025. O día 22 vaise inaugurar o certame e terá lugar a entrega de premios. Polo domingo, as propostas estenderanse durante toda a xornada.
Té como o que degustaron hoxe na presentación que organizaron na Finca do Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Dende alí, onde florecen cada ano más de 400 variedades de camelia, o presidente provincial reivindicou o valor desta flor como atractivo turístico para os 61 concellos da provincia.
Na provincia de Pontevedra están contabilizadas máis de 1500 variedades de camelia.











