800.000 euros para a rehabilitación do Pazo Torrado de Cambados

CAMBADOS>  A Deputación de Pontevedra investirá 800.000 euros na rehabilitación integral do Pazo Torrado de Cambados. O goberno provincial achegará 600.000 euros a través do Plan Extra Provincia Extraordinaria. Os outros 200.000 proveñen do Plan +Provincia.

As obras inclúena renovación total de carpintaría exterior e das tarimas, a mellora da envolvente térmica e a renovación e illamento da cuberta. Tamén haberá unha posta a punto do espazo museístico.

En canto ás actuacións nos xardíns, mellorarase o sistema de iluminación, executaranse tarefas de conservación dos elementos singulares como o hórreo, o pombal ou os alpendres. Ademais, renovaranse os aseos e substituirase parcialmente o muro de perímetro de peche nos lugares onde se atope máis deteriorado.

Esta mañá visitaron pazo Torrado os deputados provinciais Marcos Guisasala e Javier Tourís, xunto co alcalde e o concelleiro de cultura. Destacaron que con esta reforma ponse en valor o patrimonio histórico deste pazo, ao tempo que se adapta a novos usos socioculturais.