Ribeira repetirá coa campaña de control das colonias felinas iniciada o pasado ano

RIBEIRA> Por segundo ano consecutivo, Ribeira porá en marcha unha campaña de castración das colonias felinas.

Segundo informaron fontes municipais, con ela trátase de dar resposta un grave problema que se dá, principalmente no casco urbano.

Dende o Concello solicitan tamén a colaboración cidadá, priorizando a castración de colonias onde os veciños estean dispostas a facer unha achega económica, ó existir moita demanda e poucos medios.

Novamente, para levar adiante esta campaña, o Concello contará coa colaboración de Callejeros Barbanza.