O PSOE recolle de boca do sector os problemas do mar en Arousa

RIANXO> O voceiro de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, e o eurodeputado,  Nicolás Fernández Casares, mantiveron esta mañá un encontro con representantes do sector do mar na confraría de Rianxo.

A convocatoria desta xuntanza partiu do propio partido a nivel local, e a ela asistiron tamén varios patróns maiores e representantes de confrarías e outras entidades vinculadas ó mundo do mar.

Na reunión os socialistas tiveron ocasión de escoitar as principais demandas dos profesionais que traballan na Ría de Arousa, referidas principalmente á perda de produtividade que se está a dar nestes momentos, que afecta ó sector.

Precisamente o eurodeputado Nicolás González Casares aludiu á negativa da Xunta a querer participar na consulta da Comisión Europea referida a tramitación do Pacto dos Océanos, a nova normativa que busca poñer fin á fragmentación das políticas mariñas e consolidar un modelo de economía azul sostible e respectuoso cos ecosistemas.