SALNÉS> Os viticultores da denominación de orixe Rías Baixas están estes días moi pendentes do mildio, pola propagación de esperos que poden afectar ás vides. Os expertos recomendan incrementar a vixilancia nos viñedos. Máis aínda, tendo en conta que as chuvias previstas para a fin de semana poderían favoreceron a súa propagación.
Logo do inverno os viñedos de Rías Baixas comezan a agromar. Isto implica tamén a chegada das primeiras ameazas. Estes días, no sector prestan especial atención á propagación de esporas de mildio no ambiente.
Logo de varios días solleiros, a chuvia volve facer acto de presencia, coa previsión de que continúa na vindeira fin de semana. Algo que favorecerá a propagación desta enfermidade, así como en menor medida do oídio.
E como vale máis previr que lamentar, recomendan non retrasar moito esta primeira aplicación.
Cunha clara conclusión:
Ao mesmo tempo, nestes momentos tamén se recomenda no chan unha sega da cuberta vexetal para axudarlle á planta a que teña unha brotación forte. Tamén estamos en tempo de de arrancar cepas mortas que poden supoñer focos de infección, se aínda non se fixo.