O Noia  inicia mañá ante o Estradense a primeira das eliminatorias para subir a Segunda Federación

NOIA> Despois dunha temporada histórica, o conxunto noiés, que a priori non partía coma un dos favoritos ó ascenso de categoría, aproveitou o seu acerto e tamén os ‘pinchazos’ dos seus rivais, entre eles o Arousa, para meterse nos play off de ascenso a Segunda Federación.

A primeira das eliminatorias, a ida e volta, nas que se enfrontará a un difícil Estradense será xa mañá. Cun partido vibrante ás doce da mañá no municipal de San Lázaro.

Dende o Concello destacaron a enorme tempada realizada polo conxunto local, desexándolle a mellor das sortes nesta eliminatoria.

De pasar esta primeira eliminatoria o conxunto que dirixe Iván Carril debería librar outra nova final co gañador do enfrontamento entre a Sarriana e o Racing Villalbés.

Dos catro equipos só subirá un…e quen sabe igual o Noia dá a sorpresa e para o ano é equipo de Segunda Federación, poñendo a guinda a unha temporada histórica.