A Deputación da Coruña ratifica o seu apoio o Club de Remo Puebla cunha axuda de 100 mil euros

A POBRA> A Deputación da Coruña oficializou a concesión dunha axuda de 100 mil euros ó Club de Remo Puebla coa sinatura dun convenio que tivo lugar na sede da entidade deportiva. Esta subvención nominativa contou co respaldo unánime de tódolos grupos da corporación provincial.

O presidente da Deputación da Coruña visitou a sede provisional do Club de Remo Puebla. Nestas instalacións adestran os numerosos deportista con que conta a entidade despois de que a súa sede fora vítima dun incendio a principios de ano. O local e o material que albergaba no seu interior, entre eles numerosas embarcacións, quedou reducido a cinzas. A pesar das perdas materiais que supuxo o suceso, o club fixo gala do seu principal motor, o capital humano.

Ademais do respaldo social, o Club contou tamén co apoio decidido das administracións. A Xunta de Galicia cedeu o local provisional mentres que a Deputación da Coruña vén de aprobar unha axuda de cen mil euros para avanzar na adquisición de material e equipamentos que permitan á entidade seguir coa súa actividade.

Inserto Valentín

A pesar do enorme contratempo que supuxo o incendio, o club non cesou a actividade nin moito menos. Foron moitas as competicións que xa ten organizado dende entón que sumarán o próximo 31 de maio unha máis coa Primeira Bandeira de Bateis da Deputación da Coruña.

Inserto

Nun principio a celebración da proba estaba prevista en Muros. Sen embargo, o concello cedeu o testemuño á Pobra nun acto de solidariedade que tanto o club como as institucións quixeron agradecer.