Rouban nunha cetárea e nun bar en Carreira

RIBEIRA> Esta cetárea, Vilas es Mar, situada a carón da estrada principal en Carreira foi o primeiro branco dos ladróns.

Despois de romper  a porta de entrada á oficina, e tal como recollen as cámaras de seguridade do establecemento, o ladrón, que levaba o rostro cuberto, dirixiuse á zona na que gardaban a caixa do diñeiro. Pola maneira de comportarse sabía ben a onde se dirixía.

Xunto co diñeiro en metálico roubado, que os donos do negocio deixaran para o pago a provedores, fíxose tamén con outros obxectos de valor.

Aínda así o roubo foi un tanto estraño, xa que non se levou nin unha cámara de fotos, nin unha tablet, nin tampouco un ordenador portátil que había tamén no local.

Non foi o único roubo cometido esa noite. A escasos metros e cun similar ‘modus operandi’ o mesmo ladrón accedía tamén ó bar La Taberna del Argentino.

 A Policía Nacional xa abriu unha investigación co fin de dar co paradoiro do misteriosos ladrón. polas imaxes captadas polas cámaras todo parece indicar que se trata dunha muller. Por se acaso estes días xa se incrementou a vixilancia na zona.