Traballadores de Nestlé de Pontecesures denuncian problemas de conciliación polas condicións laborais

PONTECESURES> Os traballadores de Nestlé en Pontecesures mobilízanse por unha mellora nos seus horarios. Din que tal como están agora mesmo resúltalles imposible conciliar. O motivo, segundo explican, o aumento da produción que non se traduciu nun incremento suficiente dos postos de traballo.

A planta de Nestlé en Pontecesures aumentou a súa produción nos últimos 8 anos en 30.000 toneladas, acadando o ano pasado o récord histórico de 60.000 toneladas. No comité de empresa denuncian que as novas contratacións non son suficientes para o volume de produción.

Os traballadores da fábrica concentráronse reclamando máis persoal e mellores condicións.

Co incremento da produción, polo xeral, os empregados están a traballar tres fins de semana, descansan dúas e a seguinte van sábado ou domingo. Din que así é imposible conciliar.

Dende o comité cren que a contratación dun novo equipo, composto por unhas 20 persoas, abondaría para resolve-la situación na que se atopan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí