Pontecesures mellorará a festa da lamprea para potenciar o seu produto estrela

PONTECESURES> Pontecesures prepara cambios para converter a festa da lamprea nun evento multitudinario. A primeira medida será instalar unha carpa onde a xente poida degustar con comodidade este peixe. Outros cambios pasan por aumentar a variedade do produto, xa sexa en empanada ou ensalada, e solicitar á xente que reserve a lamprea con anterioridade para cubrir toda a demanda.

Un dos produtos estrelas do concello de Pontecesures é a lamprea. A vila conta cunha festa gastronómica para degustar este peixe pero o goberno local quere potenciala para aumentar a súa promoción e permitir que máis persoas degusten este saboroso produto. Entre as melloras que prepara o concello, atópase a instalación dunha carpa.

Outro dos cambios que propón o concello é a da creación de diferentes elaboracións de lamprea para que a xente a poida degustar de diferentes maneiras. Por exemplo en empanada ou ensalada.

O concello tamén quere abrir unha lista de peticións previas, para poder organizar mellor a festa e cubrir toda a demanda que exista.

A festa da lamprea terá lugar a fin de semana do 25 de marzo. Pero para ir abrindo boca, unha semana antes, o concello porá en marcha, coa colaboración dos locais hostaleiros, unha nova edición do tapea lamprea.