O concello asina un contrato de patrocinio co Club Kempo Pobra

A POBRA> O concello da Pobra asinou un contrato de publicidade co Club de Kempo Pobra para axudar a sufragar os gastos derivados dos desprazamentos a competicións internacionais. O importe do patrocinio ascende a 1500 euros.

O Club Kempo Pobra poderá asumir as importantes citas que ten este ano no calendario de competicións nacionais e internacionais grazas ó contrato de publicidade asinado esta mañá co concello da Pobra.

A primeira das citas será o campionato do Mundo que se celebra esta fin de semana en Portugal.

A intención do executivo, con esta achega de 1500 euros, é contribuír ós gastos extra derivados da asistencia a estes torneos servindo como complemento ás axudas que se convocan anualmente para tódolos clubs do municipio.

É o cuarto contrato deste tipo que o concello asina para promocionar a clubs e deportistas locais.