Comezan as festas de Meis co pregón de Mucha e Nucha

MEIS> Comezan as festas de San Bieito en Meis; uns festexos que terán o seu punto álxido o domingo á mediodía ca degustación dos seus reputados callos. Antes diso, o Concello argalla numerosas actividades para tódolos públicos, tal e como comprobamos no acto do pregón onte á noite.

Meis está a vivir as súas festas grandes de verán: antes da súa famosa Festa dos Callos; unha degustación que terá o domingo á mediodía; o Concello organizou unha chea de actos e verbenas. Unha programación que converte ós veciños en protagonistas. E para mostra do programa de festas, o acto do pregón que tivo lugar onte á noite no Campo da Feira. Aquí, as televisivas Cantareiras de Ardebullo fixeron das súas malia viren enganadas: pensaron que xa poderían cear os callos onte. Amais de Mucha e Nucha, nesta pasada noite en Meis puidemos ver a actuación da coral polifónica Xuntanza de Meis e do grupo de baile local B-troula. A xornada rematou ca actuación da banda de música A Vertula de Paradela e a Banda Municipal de Meis. Todas estas actuacións poderán velas no programa especial De Festa en Festa, que emite esta casa, a sete Canalriasbaixas; unha canle que as Cantareiras de Ardebullo aproveitan para ver cando están polas Rías Baixas, segundo dixeron.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/11/mucha.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/11/festa_callos_meis.mp4{/flowplayer}