Ribeira non esquece ás vítimas da COVID

RIBEIRA> A Asociación das Amas de Casa de Ribeira volverá homenaxear ás vítimas da Covid-19. Será este sábado ás seis e media na Praza de España cun acto sinxelo no que se realizará unha ofrenda ante o monumento na súa lembranza e un minuto de silencio.

Transcorridos cinco anos da pandemia, Ribeira non esquece ás vítimas da COVID-19. A asociación de amas de Casa volverá renderlle homenaxe este sábado cun sinxelo acto na praza de España de Ribeira. Dará comezo ás seis e media cunha ofrenda floral ante o monumento en recordo das vítimas, as intervencións da alcaldesa e da presidenta das amas de casa e un minuto de silencio.

Dende o concello animan ós ribeirenses a participar neste emotivo acto en solidariedade con todas aquelas persoas que faleceron soas, as familias que non puideron velalos e os traballadores de grupos esencias como os sanitarios que traballaron arreo durante os meses da pandemia para garantir os servizo básicos á poboación.