Barbanza Arousa activa unha enquisa para coñecer as carencias no transporte público

BARBANZA>  O cuestionario poderase cubrir online na páxina web da entidade barbanzarousa.gal ou de forma presencial nos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira.

Dende hoxe e durante 15 días a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa vai levar a cabo unha enquisa para coñecer as necesidades da veciñanza en canto ó transporte público na comarca.

Para realizala, hai dúas opcións, ou ben de xeito telemático na páxina web da propia entidade, barbanzarousa.gal, ou ben de forma presencial nos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Na enquisa os veciños especificarán os destinos das súas viaxes no transporte público e as horas ás que precisan chegar a estes destinos.

Con esta información tratarase de aportar solucións ás problemáticas existentes en relación ós horarios e levar a cabo un servizo o máis axeitado posible, xa que as expectativas que había antes da súa posta en marcha lamentablemente non se están a cumprir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí