Ribeira volverá contar este Nadal cunha pista de xeo

RIBEIRA> Por segundo ano consecutivo, Ribeira contará este Nadal cunha pista de xeo. Haberá entradas individuais e packs para grupos de máis de 25 persoas que inclúen tamén acceso ó Space Park.

Este venres arrancará oficialmente o Nadal en Ribeira. Xunto co acendido do alumeado, está previsto que poida entrar en funcionamento a pista de xeo.

Ademais das entradas individuais, a asociación de empresarios de Ribeira conseguiu este ano sumar unha colaboración. Ofertarase un pack para grupos de máis de 25 persoas que inclúe tamén entrada ó Space Park. Ó igual que o pasado ano, a asociación colaborará coa Unidade Pastoral de Ribeira facilitando o acceso á pista ós grupos das distintas parroquias.

Ademais da colaboración dos empresarios, con Fercosti á cabeza como promotora da pista, a patronal agradeceu a aposta da Xunta de Galicia, o concello de Ribeira e a Deputación da Coruña na posta en marcha desta iniciativa dinamizadora.