OUTES> A Garda Civil de Outes denunciou a un veciño da localidade por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.
Nun control rutineiro de estrada realizado na AC-550, os axentes interviñéronlle algo mais de 21 gramos de cocaína e 60 euros en metálico.
A forma de comportarse do individuo no momento de realizarlle a parada foi o que levantou as sospeitas dos axentes.
No ‘cacheo’ practicado foi cando lle atoparon a droga que levaba enrolada na parte de atrás do pantalón.
Os feitos xa foron postos en coñecemento da autoridade xudicial, neste caso ó Xulgado de Muros.