Pilgrim, a axencia que se apoia en 7.500 provedores para vivir unha experienca completa no Camiño

GALICIA> O Camiño de Santiago tamén estivo moi presente en Fitur coa vista posta no Xacobeo 2027. Na feira de turismo o turoperador Pilgrim conta cun stand propio no que presenta a súa oferta de servizos para vivir unha experiencia completa arredor do Camiño. A empresa ofrece distintas alternativas para unha viaxe a medida.  Conta con máis de 7.500 provedores de servizos, destacando os relacionados co enoturismo e os de loxística, que fan a experiencia máis cómoda ao camiñante.

Actividade frenética no stand do turoperador Pilgrim en Fitur. A axencia celebra o seu décimo aniversario convertida nun referente do turismo vinculado ao camiño.

Pilgrim ofrece un amplo abano de servizos que enriquen a viaxe, converténdoo nunha experiencia única para o camiñante.  

Para iso, esta axencia apóiase en máis de 7.500 provedores repartidos por toda a Península.

Pilgrim participa en Fitur con stand propio por oitavo ano consecutivo. A feira de turismo supón para esta axencia xerar volume de negocio e reforzar a súa posición no sector.

A empresa encara os vindeiros meses co reto do Xacobeo 2027, un acontecemento que agardan con moitas ganas e no que se prevé unha afluencia de peregrinos histórica.