A vendima de 2024 impulsa a aposta de Lagar de Fornelos polos viños de garda

GALICIA> As adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas están a aproveitar estes meses de certa tranquilidade no campo para facer balance. A vendima deixou bo sabor de boca. Dos 42 millóns de quilos de uva vendimados, case 4 recollerónse na subzona do Rosal. Foron menos que no 2023 pero a calidade da uva mantén as expectativas moi elevadas. Algo que fai que adegas como Lagar de Fornelos, no concello do Rosal, reforcen a súa aposta polos viños de garda.

Dos 42 millóns de quilos de uva que a Denominación de Orixe Rías Baixas vendimou neste 2024, case 4 millóns recolléronse na subzona do Rosal. Aquí a colleita transcorreu de xeito tranquilo, cunha chuvia que respectou os traballos.

En Lagar de Fornelos, a vendima permitiu poñer o broche a unha campaña con certos sobresaltos no campo. Pero, asegura o seu responsable Ángel Suárez, na liña que marca a viticultura nas Rías Baixas.

Nesta adega do Rosal, a vendima foi inferior á do 2023 en canto á cantidade. Non así no que a calidade se refire. De feito, as expectativas son moi elevadas para os viños desta anada 2024.

Agora os mostos agardan na adega o seu momento óptimo para saír ao mercado. En Lagar de Fornelos elabóranse dúas marcas: Lagar de Cervera, un albariño 100%, e Pazo de Seoane Rosal, elaborado co coupage característico desta subzona.

Suárez apunta que o 90% da produción de Lagar de Fornelos céntrase no monovarietal albariño. Pero nese 10% restante xunto ao rosal Pazo de Seoane conviven novas elaboracións nas que está a traballar a adega: os viños de garda.

Nesta aposta, esta adega do Rosal traballa para atopar a fórmula que permita que esta evolución dos viños se dea aproveitando todo o seu potencial.

Avanzar nesta produción de viños de garda é un dos camiños recollidos no Plan Director do Consello Regulador da DO Rías Baixas de cara o ano 2030 para manter o seu éxito e conseguir o obxectivo de duplicar o valor deste selo de calidade. Iso si, sendo fiel ao seu arraigo no territorio.