RIBADUMIA> Ribadumia celebra a súa primeira Mesa fronte a Violencia de Xénero. Trátase dunha ferramenta de coordinación entre os distintos actores implicados na loita contra esta lacra. Na xuntanza participaron representantes da administración a distintos niveis, Garda Civil e membros da comunidade educativa do municipio e do eido da saúde. Neste tipo de mesas faise unha radiografía de cal é a realidade do concello no referente á violencia de xénero, que necesidades presenta e que medidas cómpre tomar para o fomento da igualdade.
Ribadumia segue avanzando no camiño da igualdade e da erradicación da violencia machista. Este luns celebrouse no concello a Primeira Mesa de Coordinación Local fronte á Violencia de Xénero.
Este tipo de mesas son un instrumento no que ademais das distintas administracións participan tamén representantes do CIM do Salnés ou da Garda Civil. Tamén da área de servizos sociais municipais, do centro de saúde e da comunidade educativa dos distintos centros de Ribadumia.
Neste tipo de meses o que se busca é reforzar a coordinación das distintas partes implicadas na loita contra esta lacra.
E apuntan que este tipo de mesas non son un mero trámite.
Dende a subdelegación aproveitaron tamén para poñer en valor o papel fundamental dos corpos de seguridade o CIM a hora de atender as vítimas. Tamén a importancia de implicar á comunidade educativa e do centro sanitario, fundamental -dixo- na detección e derivación de posibles vítimas de violencia de xénero.









