RIBEIRA> O concello de Ribeira segue á espera de reunirse co xerente da área sanitaria de Santiago Barbanza para buscar o emprazamento idóneo para o futuro centro de saúde.
Desbloquear o proxecto de construción do futuro centro de saúde de Ribeira e mellorar a situación asistencial coa incorporación de novos médicos son os obxectivos principais do alcalde de Ribeira que segue á espera de ser recibido polo xerente da área sanitaria de Santiago Barbanza.
A pesar do compromiso adquirido polos responsables do SERGAS para manter un encontro que permita avanzar no proxecto, aínda non existe data para a xuntanza na que o alcalde plantexará tamén a necesidade de contar con máis persoal médico nas instalacións actuais.











