PONTEVEDRA> En Pontevedra, a asociación Boa Vida saíu á rúa co gallo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Conmemórase o 20 de xuño pero xa hoxe o colectivo convidou á cidadanía a completar entre todos un novo mapa. Con países, din, nos que todos teñamos a mesma cabida.
A asociación Boa Vida saíu hoxe á rúa en Pontevedra para reivindicar os dereitos das persoas refuxiadas.
Para facelo, o colectivo plantexou unha actividade moi visual: convidou á cidadanía a construír un novo mapa no que todos teñamos cabida.
Boa Vida puxo o foco na necesidade de empatizar coas persoas que se atopan en situacións tan extremas. E alertou dos bulos que se moven por internet e as redes sociais.
A desta mañá non será a única iniciativa impulsada dende o colectivo. Hoxe proxectaron unha película acompañada dun concerto no edificio administrativo da Xunta en Benito Corbal. Xa o día 20, cando se conmemora o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, Boa Vida organiza unha andaina solidaria ás 9 e media da mañá dende a súa tenda da rúa Santa Clara.











