RIBEIRA> A Xunta de Galicia planifica a construción de vivenda pública en Ribeira. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas solicitou ó goberno central a cesión duns terreos propiedade da Sareb. Tamén o concello está a dar pasos nesta liña coa proposta de rehabilitación de vivenda tradicional para destinala a alugueiro social.
O concello de Ribeira non recibiu notificación da Consellería de Vivenda sobre a solicitude de cesión de terreos da Sareb para a promoción de vivenda pública. Aínda así, acollen con satisfacción esta iniciativa que xa tiñan demandado a nivel municipal para facilitar o acceso á vivenda no municipio no que escasean as ofertas de alugueiro de longa tempada ante a proliferación do uso turístico.
Ademais da cesión dos terreos da Sareb, dende o concello exploran tamén outras vías que pasarían pola rehabilitación de vivenda tradicional en zonas degradadas, como barrio de Bandourrío, para destinalas a alugueiro social.