Novas Xeracións da Pobra desenvolve unha campaña de recollida de material escolar

POBRA> Todo o recadado seralle entregado a Cáritas parroquial para a súa distribución entre aquelas familias máis necesitadas do municipio.

Como vén sendo habitual por estas datas antes do inicio do curso, Novas Xeracións da Pobra, está a realizar unha campaña de recollida de material escolar. Todo o recollido seralle entregado a Cáritas parroquial, que se encargará posteriormente do seu reparto entre aquelas familias máis desfavorecidas do municipio.

Dende o colectivo inciden na importancia desta iniciativa solidaria que ten coma único obxectivo que tódolos nenos do municipio dispoñan de material escolar para poder inicar o curso con normalidade, animando a tódolos pobrenses a participar na campaña.

Aquelas persoas que queiran colaborar con esta campaña poderán facelo ata o sábado, achegándose ata os Xardíns Valle-Inclán, en horario de dez a dúas, entregando, dende libros de texto e de lectura, libretas, mochilas, ou calquera tipo de material que puidera ser necesario durante o curso escolar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí