Lousame inviste 260.000 euros en melloras nos núcleos rurais

LOUSAME> O concello de Lousame saca a licitación un total de catro actuacións de mellora de estradas e accesos a núcleos rurais do municipio. As obras contan cun importe base de licitación de preto dos 260 mil euros e adscríbense ós Plans de Obras e Servizos de 2019 e 2020 da Deputación da Coruña.

Lousame saca a licitación obras de mellora en estradas e accesos a núcleos rurais do municipio por un valor total de preto dos 260 mil euros. En total serán catro actuacións que irán con cargo ós Plans de Obras e Servizos de 2019 e 2020 da Deputación da Coruña.

Un dos proxecto máis importantes, e tamén coa contía máis elevada, uns 123 mil euros, prevé a pavimentación de varios viais, entre os que se sitúan o de Béxeres ou o da Silva e a estrada de Seoane. Tamén se saca a licitación o acondicionamento do camiño entre Vilacoba e Vilar de Reconco ou o de acceso á aldea de Pousada dende a estrada Portobravo-Tállara. Outra das actuacións a realizar será a mellora do acceso á Comparada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí