A lonxa de Ribeira suspende as poxas físicas

RIBEIRA> A lonxa de Ribeira decidiu suspender dende hoxe as poxas físicas debido a un positivo por coronavirus. Ó parecer a persoa contaxiada é un dos subhastadores pertencente a unha das empresas auxiliares que traballan na rula ribeirense. Este caso obrigou á xerencia da lonxa a tomar esta decisión que xa lle foi comunicada oficialmente ós numerosos compradores que a diario acoden a estas instalacións a mercar peixe e marisco. A partir de agora as vendas serán xestionadas por vía telefónica e os pedidos seranlle entregados a cada comprador de xeito individual, despois de comprobar a súa identificación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí