O curso escolar arrancará en Galicia con menos alumnos e máis profesores

BARBANZA> Máis profesores e menos alumnos. Así arrancará en Galicia o curso académico onde destaca a baixada de matrícula en tódolos niveis, incluído o Bacharelato.

A pesar da caída de alumnado, a Xunta aposta polo mantemento das aulas e o reforzo do persoal coa incorporación de 900 profesores en Secundaria.