Boiro instalará 4 puntos de recarga de vehículos eléctricos no aparcadoiro da praza de Galicia

BOIRO> O concello de Boiro instalará catro puntos de recarga de vehículos eléctricos no aparcamento da praza de Galicia. Ademais de mellorar os servizos da zona comercial de Boiro, esta actuación contribuirá á utilización de recursos que reducen as emisións de gases e redundan na mellora do medio ambiente.

A xunta de goberno local deu luz verde á adxudicación do contrato que se enmarca no proxecto de modernización do centro comercial aberto, financiado cos fondos Next Generation. O concello asumirá a actuación cunha axuda axuda próxima ós 250 mil euros coa que, ademais da adquisición destes puntos de recarga, instalarase unha máquina de reciclaxe no mercado municipal así como bolsas e envases compostables para o comercio.

A intención do executivo é seguir ampliando a rede de cargadores eléctricos non só no casco urbano senón en todo o municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí