RIANXO> Esteban Toucedo proclamouse gañador do Trail Castro Barbudo de Rianxo este domingo. Con esta victoria, o corredor alzouse tamén co título de campión do Revolutrion Trail Arousa Norte, integrado polas catro probras do circuíto. Beatriz Barroso fixo o propio na categoría feminina mentres que o Tribu Trail venceu na clasificación por equipos. Mais de douscentos corredores participaron na última das probas do circuito de trail Arousa Norte. Esteban Toucedo, que se impuxo nesta cuarta carreira, lograba tamén o título de gañador do Revolutrion Trail Arousa Norte. Na categoría feminina, facía o propio Beatriz Barroso que acabou segunda na proba rianxeira. Completan o podio da clasificación xeral Luís Enrique Comesaña e Manuel Ces na categoría masculina e María Mareque e Natalia Sierpes na feminina. Na clasificación por clubs, o triunfo foi para o Tribu Trail, seguido do Barbantia Roda e Virxiguianos Trail. José Ramón Mayo proclamouse vencedor na categoría de veteranos, segido de Olivier Fernández e Toño Figueira. Mentres que na feminina, acompañaron a Barroso, Serafina Pereira e Eva de la Fuente. O trail Castro Barburdo, o máis longo das catro probas, pon o peche ó circuíto desputado durante os meses previos na Pobra, Ribeira e Boiro, marcado pola alta participación. Na maior parte das carreiras superáronse os douscentos participantes e destacou a presenza de corredores non só de Galicia senón de puntos de Asturias ou León que se desprazaran para participar nas catro probas.
Inicio BARBANZA