POBRA> O Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira, en funcións de garda, vén de condenar a un veciño da Pobra do Caramiñal como autor dun delito continuado de desobediencia, ó incumprir, de forma reiterada, a obriga de confinamento. Foi denunciado ata en nove ocasións e mesmo foi condeado, nunha vez anterior por feitos similares. Na súa condena, a xuíza de garda tivo en conta precisamente este agravante de reincidencia. O acusado, que se mostrou conforme coa pena, deberá afrontar o pago dunha multa de seiscentos euros.
Inicio A Pobra