A ILLA> O Igafa celebra o día da acuicultura cunha xornada de portas abertas. Polo centro pasaron expertos nos dous campos principais que se imparten no centro, a acuicultura e mergullo. A xornada serviu para estrear o recoñecemento de centro de referencia nacional en estas ensinanzas que o Igafa obtivo no 2019, posposto ata o de agora pola pandemia.
O instituto galego de formación en acuicultura e mergullo recibiu no 2019 o recoñecemento de centro referencia nacional en estas ensinanzas. Un recoñecemento que o Igafa non puido presentar debido a pandemia. Pero coa mellora da situación, e aproveitando o día mundial da acuicultura, o Igafa realizou unha xornada de portas abertas.
Polo centro pasaron expertos nos dous campos principais que se imparten no centro, acuicultura e mergullo, para compartir os seus coñecementos. Unha oportunidade tamén para aumentar a formación do alumnado do Igafa.
Cada ano fórmanse no centro máis de 100 alumnos nos diferentes campos profesionais. O bo traballo do Igafa permite que os seus estudantes adquiran unha formación específica e diferencial.
Dende a xunta de Galicia participaron na xornada de portas abertas e destacaron a labor do centro e o nivel que adquiren os estudantes.
Dende a Xunta tamén destacaron a importancia da viticultura para a economía de Galicia e para a sustentabilidade da biodiversidade mariña galega. Un sector que produce o 20% da acuicultura de Europa e o 85% da nacional, facturando o 4,75% a nivel continental e o 34% a nivel español.